-Camareiro, o salmón vén só?-Non ho, tráiocho eu! Que si, que vale, que xa sabedes facer salmón, que é moi sinxelo. Pero é que en primeiro lugar: dáme igual. En segundo lugar hai moi poucas receitas con peixe no blogue, así que é a excusa perfecta. E en terceiro, esta é unha desas receitas testimoniais,Seguir lendo “O Salmón do Papai”
Arquivos de etiqueta:sinxelo
Clafoutis de Nectarinas
Escribindo esta publicación lembrei eses veráns da infancia na praia, comendo nectarinas moi maduras e pringando todas as mans. Pero non pasaba nada, porque logo só tiña que ir até o mar para limpar aquela desfeita. Hoxe apeteceume compartir esta lembranza en vez do chiste, non todo pode ser comedia. Seguinte. Non sei quen lleSeguir lendo “Clafoutis de Nectarinas”
Papas Andaluzas
Vai un cura correndo porque o persegue un león cando, de súpeto, decide axeonllarse e berra, suplicando:– Señor, por favor, pídoche que este león se volva cristiano.Entón, milagrosamente, o animal detén a súa carreira, axeónllase xunto a el e pronuncia:– Señor, bendice estes alimentos que vou consumir. Despois de ler 7 páxinas web con chistesSeguir lendo “Papas Andaluzas”
Pisto con Ovo
Que pasa se metes un ovo no microondas? Ben, pido disculpas pola baixa calidade do chiste, pero é que bromas de pisto só atopei unha terriblemente sexista (podería tela adaptado pero paso). Así que quedades con este clásico. Esta receita, se cadra, era máis acaída para o inverno, pero iso non é o que importa.Seguir lendo “Pisto con Ovo”
Flores de Sabugueiro
É realmente complicado atopar chistes de sabugueiro, pero aquí van 2 datos curiosos: 1. A variña de Dumbledore estaba feita coa madeira desta planta. 2. En portugués, curiosamente, tamén se lle chama sabugueiro. E máis un chiste dun usuario de twitter que se chama Sauco: -Por que contestas a todo con monosílabos? Estás enfadado?-Monosílabos. OnteSeguir lendo “Flores de Sabugueiro”
Ensalada de Wakame e Cogombro
Cliente: Este cogombro está modificado xeneticamente?Tendeiro: E lo? Por que o preguntas?Cogombro: Xa, por que o dis? A ver, non é que sexa unha receita moi complicada, pero está perfecta se non sabes que facer coas algas que che sobraron do prato de Shitake á Feira. E ademais de sinxela é rápida, que máis seSeguir lendo “Ensalada de Wakame e Cogombro”
Coliflor Gratinada
Un día, dous cachos de Coliflor, que eran mellores amigos, estaban andando xuntos pola rúa. Baixaron da beirarrúa para cruzar polo paso de peóns, pero xusto un coche virou a esquina a toda velocidade, e sen tempo para frear, levou por diante a un deles. O outro cacho, chamou no momento ao 112, e axudouSeguir lendo “Coliflor Gratinada”
Boloñesa Vegana
Un neto chama por teléfono á súa avoa italiana dicindo que vai ir visitala e que vai levar a sua namorada para que a coñeza. A “nonna” entón comeza a explicarlle ao neto como chegar até aló: – Tes que ir ao edificio que está fronte á xeadería. Io vivo no apartamento 301. Capito? PremeSeguir lendo “Boloñesa Vegana”
Baklava
Un matrimonio está de lúa de mel nunha linda cidade e, durante un paseo, topa cunha casa de espectáculos eróticos, cun enorme letreiro luminoso: “Hoxe, o fabuloso Paulinho”. A parella decide entrar e o show comeza. Alí aparece Paulinho, de 39 anos e, tras un redobre de tambores, unha mesiña con 3 noces é colocada benSeguir lendo “Baklava”
Arroz con Algas e Cogumelos
Dúas algas conversando:– Meu marido é un durmiñón! Chega á casa e xa corre para a cama!E a outra:– Pois meu todo o contrario… El non vai durmir sen facer algo😳! Pois ao final si que conseguín publicar a tempo. Para nada escribín isto o martes pola mañá. Non é que estea volvendo ao arcoSeguir lendo “Arroz con Algas e Cogumelos”