– Mamá, que imos xantar?+ Ves ese bote de xeado de framboesa?– Si.+ Pois ábreo, tes dentro un pouco caldo. Nesta receita descubrín a utilidade das escumadeiras e a razón do seu nome: serven para retirar a escuma que se forma por exemplo ao cocer fabas. Que curioso, non? Ingredientes (aproximadamente para 10 persoas): Elaboración:Seguir lendo “Caldo Galego”
Arquivos de etiqueta:vexetais
Tortilla de Patacas
– Ola! Que tal todo? 🙂+ Non moi ben 😦– E lo??+ É que a miña familia quéreme meter nun manicomio :((– E iso?+ Pois porque me gusta moito a tortilla de patacas.– Bueno, ho, non é para tanto. A min tamén me encanta!+ Si? Pois cando queiras pasa por casa, que teño 5 armariosSeguir lendo “Tortilla de Patacas”
Nabizas con Chourizo e Patacas
– Que pasa, por que andas tan serio?+ Ía cociñar nabizas con chourizo e patacas e mandei a miña muller a polas patacas. Pero de camiño atropelouna un coche 😦– Mima, que dis?? E que vas facer agora?+ Nabizas con chourizo só. Creo que non hai un prato máis sinxelo e básico que este. LiteralmenteSeguir lendo “Nabizas con Chourizo e Patacas”
Pasta Fresca de Espinafres
En que se parecen Popeye e Hulk? En que os dous cagan verde. Esta receita de pasta fresca é ridículamente sinxela, e, ademais, está boísima. Así que deixa de comer tanta pasta de marca blanca e faite este rico prato 🙂 Ingredientes: Elaboración: Non esquezas… Gardar un chisco de auga da cocción por se logoSeguir lendo “Pasta Fresca de Espinafres”
Marmelada de Amoras
Animaríavos a probar esta receita, pero non estaría sendo sincero se non vos avisase de que: pasar 2h ao sol collendo amoras entre as silvas non é a cousa máis divertida. Acho que sería ben máis sinxelo mercar a famosa Marmelada de Amoras do Artur. Pero se non vos conseguín convencer e queredes volver ensanguentadosSeguir lendo “Marmelada de Amoras”
Crema de Cabaciña
+Onte fun coller unha cabaciña á horta e atopeime co meu marido tirado no chan: tropezara e caera sobre as cabaciñas.-Pobre home! E que fixeches?+Pois en lugar de cabaciña tiven que guisar unhas patacas! [Chiste extraído do libro de chistes de Gerónimo Stilton] Esta crema é ideal para o inverno e, en xeral, calquera momentoSeguir lendo “Crema de Cabaciña”
Brécol á Prancha
Chega o coello á tenda do barrio:– Boa tarde, señor. Desculpe, señor, ten brécol?+ Brécol? Non, coello; non teño.– Ah, vale. Grazas, señor. Desculpe, señor. Boa tarde, señor.Aos cinco minutos volve o coello:– Boa tarde, señor. Desculpe, señor, ten brécol?+ Que non, coello. Non teño brécol. Xa rematou.– Ah, vale. Grazas, señor. Desculpe, señor. BoaSeguir lendo “Brécol á Prancha”
Ensalada de Quinoa
Como facer Quinoa ao polo en 2 pasos: 1. Cociñas a quinoa. 2. Daslla ao polo. Agora en serio, esta receita está xenial para un pícnic de verán ao que non che apetece levar a ensalada de pasta de sempre. Ingredientes: Quinoa Sal Limón Aceite Extras recomendados: pemento, pepino, cebola, tomate Os extras que tiSeguir lendo “Ensalada de Quinoa”
Gazpacho
Mira, non vou facer chistes de andaluces, porque a estas horas estarán durmindo a sesta. E o mínimo é que se poidan defender, non? Como hai medio millón de receitas de Gazpacho, e en verdade todo se limita a coller os ingredientes e trituralos, nesta publicación recollerei varios consellos á hora de facer un boSeguir lendo “Gazpacho”
Espiga de Millo (3 Xeitos)
Sabías que o millo é moi bo para a memoria?? Merda. Creo que xa contei este chiste. Veña, pois conto outro: Sabes cal é o meu prato favorito? O fondo. Que? Pensabas que ía contar algo relacionado co millo? Pois non. E non é porque non se me ocorran, é porque non me da aSeguir lendo “Espiga de Millo (3 Xeitos)”